Aberta a preinscrición do Campus Tea 2018

A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández informa que o prazo de preinscrición do Campus-Tea 2018 remata o vindeiro 25 de maio. Este campus é unha alternativa que ofrece actividades lúdico-didácticas para facilitar a conciliación familiar na tempada de verán. 

O campus destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos terá un horario de mañá de 09:00 horas a 14:00 horas no CEIP Nosa Sra. Dos Remedios. 

Cun prezo de 32€ a concellería establece catro quendas de quince días:

Quenda 1: do 02 ao 15 de xullo

Quenda 2: do 16 ao 31 de xullo

Quenda 3: do 1 ao 16 de agosto

Quenda 4: do 17 ao 31 de agosto

Todos os interesados deberán achegarse polo departamento de ensino do concello de Ponteareas. O formulariode preincrición pode descargarse na seguinte ligazón da web do concello http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/04/PREINSCRICION-CAMPUS-2018.pdf