Os Bolechas van a Ponteareas

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera convida a todas as familias a asistir á sala multiusos do auditorio municipal de Ponteareas para recibir aos Bolechas que veñen presentar o seu novo libro “Os Bolechas van a Ponteareas”.

O ilustrador Pepe Carreiro visitará a sala multiusos ás 18 hora mañá martes día 22 de maio.

Esta iniciativa pretende facer que os cativos e cativas de Ponteareas sintan orgullo da súa vila achegándose á súa historia e vida dun xeito lúdico e didáctico.