Preto dun milleiro de participantes inscritos para a San Silvestre entre nenos e adultos

Chega un ano máis a San Silvestre a Ponteareas cun percorrido de 5 quilómetros polo centro urbano e, unha vez pechadas as inscricións, o número de participantes ascende a 955 en total enrte todas as categorías.

 

Por idades, correspóndense do seguinte xeito:

De 4 a 5 anos, 55 participantes

De 6 a 7 anos, 54 participantes

De 8 a 10 anos, 79 participantes

De 11 a 13 anos, 64 participantes

Maiores de 14 anos, 704 participantes