O Concello recibiu 100.222,36 € da Deputación de Pontevedra para desenvolver actividades culturais durante o verán

O Concello recibiu 100.222,36 euros da Deputación de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2022-2023, na anualidade 2023, cos que desenvolveu actividades culturais durante os meses do verán.

Neste sentido, tivo lugar no municipio o festival de música Rock in Río Tea o 1 de xullo na Feira Vella. No evento, incluiuse o concerto de León Benavente e tamén formaron parte do festival as actuacións de Aphonicc e Fillas de Cassandra.

Ademais, co obxectivo de fomentar a lectura, celebrouse a Feira do Libro durante os días 13 e 16 de xullo. Os visitantes beneficiáronse de prezos con descontos especiais nos exemplares e realizáronse actividades infantís e para adultos.

Pola súa banda, desenvolveuse o Festival Groba entre o sábado 17 e o venres 23 de agosto no que se converteu á vila nun punto de referencia de excelencia musical da música de cámara.

Grazas a esta subvención da Deputación de Pontevedra, o Concello realizou actuacións destinadas ao funcionamento dos servizos de competencia municipal. Nomeadamente, ao mantemento na rede de alumeado ou mantemento da rede viaria así como para o gasto corrente en material de obra.