Continúase prestando o servizo de compostaxe neste 2023

O Concello contou ao longo do 2023 cun perfil técnico especializado en medio ambiente, unha mestra composteira, que permitiu reforzar as tarefas de xestión de residuos así como o labor do departamento encargado da área.

Deste xeito, a profesional levou a cabo tarefas como a execución do proxecto piloto de implantación do quinto colector no casco urbano do municipio ou como asistencia á redacción da prórroga do contrato de FCC de recollida de refugallo, limpeza viaria e punto limpo.

Ademais, realizou unha labor de control periódico dos centros de compostaxe comunitarios, situados nas prazas da Perillana e da Feira Vella e acudiu aos centros educativos para ofrecer información sobre o programa Revitaliza. De igual maneira, xestionou diversos residuos como vehículos abandonados, colectores téxtil ou de aceite doméstico, entre outros.

Esta contratación foi posible grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra.