Usuarios e usuarias de Cogami e ADAPTA participaron nunha xornada de convivencia en Asprodico

Usuarios se usuarias de Cogami Mos celebraron o Día Internacional das Discapacidades con Adapta (Asociación de persoas con discapacidade do Condado Paradanta) pertencente a Cogami no Centro Asprodico de Ponteareas. 

O Concello de Ponteareas, en colaboración con Adapta, pendurou no balcón unha lona con motivo deste día e onte xoves día 30 recibíu, ao igual que o ao pasado, a visita dos usuarios e usuarias de Cogami de Mos. O encontro foi nas instalacións de Asprodico e tamén estiveron presentes os membros de Adapta. 

Esta xornada de convivencia durou toda a mañá e responde a necesidade de realizar unha actividade de socialización e confraternización na que compartir inquedanzas e por en común necesidades e proxectos conxuntos.

Entre as actividades que desenvolveron estivo a proba do método “Makey makey”  un hardware aberto consistente nunha placa de circuitos impresos que traslada ao ordenador os movementos. Cun cableado conectado a plastilina ou a unha peza de froita, por exemplo, os usuarios e usuarias que non teña mobilidade fina poderán transmitir o movemento das mans aos comando do ordenador.

Tamén se deu lectura lectura a un manifesto en prol de acadar dereitos para o colectivo de persoas con discapacidade, primeiramente pola Presidenta de Adapta, Montserrat Cuevas e usuarias e usuarios de Cogami Mos e Asprodico.