Voltea conciencia e informa aos mozos e mozas de Ponteareas

O voluntariado de Ponteareas coordinado a través de Voltea traballa na concienciación e educación dos máis cativos e cativas de Ponteareas, por este motivo están a desenvolver campañas de concienciación e sensibilización ambiental nas que se da a coñecer o monte galego, as especies da flora autóctona e as consecuencias de introducir especies exóticas invasoras. 

Ao mesmo tempo, Voltea tamén considera necesario traballar cos mozos e mozas dos institutos ampliando os coñecementos sobre os nosos monts e amosándolles cales son as labores deste voluntariado.

Voltea, dependente da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que dirixe Verónica Carrera, tamén explica ao alumnado dos centros educativos de Ponteareas o acontecido no mes de outubro nos nosos montes e que actividades se están a desenvolver para a recuperación do solo.

Aos pequenos e pequenas tamén se lles convida a actuar e aportar o seu gran de area plantando, por exemplo, especies autóctonas.

Ademais, Voltea sigue a traballar coas Comunidades de Montes na recuperación do solo queimado.