Último campionato galego federado de bádminton!

O complexo deportivo Álvaro Pino acolle o campionato galego sub 15

O Club Bádminton Ponteareas organiza o último campionato galego federado do ano que terá lugar mañá sábado día 19 no complexo deportivo Álvaro Pino. O campionato galego sub 15 contará con preto de sesenta deportistas das catro provincias galegas, entre os que atoparemos varios campións de España e do ránking europeo.

O concelleiro de deportes en funcións, Miguel Bouzó, explica que o evento se celebrará a porta pechada e sen público na grada e co mínimo persoal imprescindíbel para o seu bo desenvolvemento e seguindo un estrito protocolo de seguridade anti COVID, marcado por Sanidade da Xunta de Galicia.

O horario será de 14:30 horas á 21:30 horas e durante este tempo xogarán cinco categorías: individual masculina e feminina, dobres masculinos e femininos e mixtos.

Para que todos e todas poidamos gozar deste deporte a través da páxina do club da rede social Facebook poderase seguir en directo numerosos partidos.

Este evento está organizado tamén pola Federación Galega de Bádminton en colaboración co Concello de Ponteareas, Protección Civil Ponteareas, Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e as casas comerciais Frutas Santi, Deportes Carlos Miguel, Bizebike, Repuestos Ojea e Empresa Raul S.A

Ao remate entregaranse medallas e trofeos.

Os sete equipos participantes son:

C. Bádminton Athlos Órense

Club Escola Rosalia de Vigo

Club Bádminton Estrada

Club Bádminton Tui

Club Bádminton San Amaro( A Coruña )

C. Bádminton Cíes de Vigo

C. bádminton PONTEAREAS