Os actores Luis Iglesia e Marcos Orsi súbense ao escenario do auditorio municipal coa obra “Sénior”

A obra “Sénior” chega este domingo día 20 ás 18 horas ao auditorio municipal de Ponteareas.Unha comedia de Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega interpretada polos actores Luis Iglesia e Marcos Orsi dirixidos polo tamén intérprete e dramaturgo Avelino González que aborda a crise masculino dos 50.

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, explica que as entradas para esta obra programada dentro do convenio con AGADIC poderán adquirirse no propio auditorio Reveriano Soutullo dende as 16 horas.