Teatro afeccionado para amenizar este domingo no Centro Cultural de Fozara ao abeiro do Cultura 24

O grupo de teatro Areas representará ‘Nosa señora das néboas’ a partir das 17.00   horas

Teatro afeccionado para amenizar este domingo no Centro Cultural de Fozara ao abeiro do Cultura 24O teatro afeccionado continúa esta fin de semana en Ponteareas cunha nova actividade do Cultura24, un programa posto en marcha polo Concello “para ofrecer á veciñanza unha ampla programación de lecer de balde ao tempo que se dinamizan todas as parroquias da nosa vila”, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Dentro desta programación, este domingo 6 de novembro o grupo de teatro Areas subirá ao escenario para representar a súa obra ‘Nosa Señora das Néboas’, que permitirá ao público non só gozar dunha velada de lecer senón tamén achegarse ao teatro e ao traballo que realizan as actrices e os actores afeccionados.

O edil convida a todas e todos os ponteareáns a achegarse o domingo ás 17.00 horas ata o Centro Cultural de Fozara para vivir de preto o teatro con esta representación gratuíta e aberta a todos os públicos.