Teatro a escena en Padróns co programa Cultura24

Teatro a escena en Padróns co programa Cultura24Ponteareas ten unha nova cita co programa Cultura24 este domingo 18. O Centro Cultural Irmáns Barcia de Padróns acollerá a partir das 20.00 horas unha actuación do grupo de teatro Fonte da Tella, que levará a escena a obra ‘Onte’, unha tradución e adaptación da peza de Jorge Díaz ‘Ayer, sin ir más lejos’ na que o dramaturgo chileno aborda temas como a familia, os fillos e a parella.

 

Esta representación teatral desenvolverase ao aire libre ou, en caso de mal tempo, no interior do propio centro cultural con uso obrigatorio de máscara cirúrxica e con todas as medidas de prevención. A actividade será de balde.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a gozar desta nova actividade do Cultura24, que busca “achegar a actividade cultural ás vinte e catro parroquias que compoñen o concello ponteareán, ao tempo que se dinamizan os centros culturais e o tecido creativo do propio municipio, colaborando para promocionar a súa arte, potenciar o seu funcionamento e contribuíndo ao seu mantemento”.