Sigue por streaming o trofeo Amizade de natación

O club natación Ponteareas e o complexo deportivo Álvaro Pino retoman a súa axenda de competicións e eventos e convidan a gozar da celebración do XXI Trofeo Amizade que terá lugar esta fin de semana na piscina municipal. A empresa xestora do complexo acordou celebrar este trofeo a porta pechada para garantir a seguridade sanitaria tanto das e dos propios participantes como das usuarias e dos usuarios habituais da piscina municipal que non poderán adestrar mañá sábado ao estar só aberta para os e as participantes no trofeo.

“Seguindo a liña fixada dende o comezo da pandemia, daremos prioridade á seguridade sanitaria por iso para prexudicar o menos posible aos nosos usuarios habituais abriremos a piscina o vindeiro domingo día 27 de setembro para que poidan recuperar este sábado no que a piscina se pecha para que se poida celebrar o Torneo Amizade”, explica o xerente de INSDEGA.

Co obxectivo de minimizar riscos e a pesar de que no mes de setembro a piscina non abre os domingos, a empresa xestora toma esta medida excepcional de abrir o domingo 27  para que este sábado non coincidan nas mesmas instalacións os e as participantes no torneo cos e coas nadadoras habituais da piscina municipal. 

Neste trofeo participarán clubs de distintas localidades galegas: Boiro, Pontevedra, Coruña, Lugo, Arteixo, Ourense e Vilagarcía. Cun formato diferente 11 equipos galegos e preto de 200 nadadores e nadadores van competir na primeira proba que se celebra en piscina tras a interrupción producida pola crise sanitaria no mes de marzo, contando cun sistema de cronómetro electrónico.
 
Para que todas e todos poidamos gozar deste espectáculo deportivo a competición do sábado, en categoría absoluta vaise retransmitir por streaming na ligazón
 
O CNPonteareas agradece ao Concello de Ponteareas, a Protección Civil e aos patrocinadores locais o esforzo e a colaboración para que con todas as medidas de protección e seguridade saian adiante con éxito.