Sexta edición do Open Tenis Vila do Corpus

tenis-vila-do-corpus-4O Club Tenis Ponteareas, en colaboración coa Concellería de Deportes do municipio, organiza a sexta edición do Open Vila do Corpus, que este ano se celebrará entre os días 20 de xuño e 5 de xullo nas dúas pistas de tenis da área recreativa da Freixa e na pista de tenis do Complexo Deportivo Álvaro Pino.open-tenis-vila-do-corpus

O torneo, que só admite participantes que estean federados, foi presentado esta mañá nos Xardíns da Xiralda en presenza do concelleiro de Deportes do municipio e membros da directiva do Club Tenis Ponteareas.

O campionato estará dividido en tres categorías masculinas (cadete, senior e veteranos maiores de 35 anos) e unha senior feminina. Trátase dunha competición que aumenta o número de inscricións ano tras ano e para esta edición, os organizadores esperan acadar unha participación que supere a centena de xogadores.

Todos aqueles tenistas federados interesados en participar poden informarse no enderezo electrónico clubtenisponteareas@hotmail.com ou chamando ao número de teléfono 630 18 80 66. O prazo de inscrición remata o 16 de xuño.