Comezan as obras da pasarela metálica de acceso ao Barrio de Canedo

pasarelaQ55A1542O Concello de Ponteareas vén de iniciar as obras da pasarela metálica de acceso ao Barrio de Canedo. As actuacións contan cun orzamento que está preto dos 190.000 euros.

Os traballos teñen como principal obxectivo mellorar un tramo da vía de acceso a Canedo que na actualidade carece de beirarrúas, resultando perigoso para tránsito a pé. Para arranxar este problema, o concello construirá unha pasarela metálica a ámbolos dous da vía.

A pasarela, que terá 26,5 metros de lonxitude e 1,68 metros de anchura, terá un uso exclusivamente peonil. A súa estrutura principal será unha artesa de chapa metálica e estará provista de reixas a base dun tubo horizontal superior de 50 milímetros de espesor e barrotes verticais, metálicos e rectangulares cada 12 centímetros.

A pasarela e a vía non estarán en contacto , permitindo, deste xeito, evacuar a auga no lugar onde se pretende instalar.

Unha obra que se levará a cabo grazas a un investimento que supera os 73.000 euros, procedentes dunha concesión da Deputación de Pontevedra. O alcalde, Salvador González Solla, mostrábase satisfeito polo inicio dunha actuación que permitirá garantir a seguridade dos peóns nesta vía.