Protección Civil Ponteareas contará cun novo remolque de emerxencias

A Concellería de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández consegue un novo remolque de emerxencias para o servizo de Protección Civil no marco dunha subvención da Consellería de Administracións Públicas da Xunta de Galicia para concellos de menos de 50.000 habitantes. 

Segundo a concelleira de Seguridade Cidadá este novo equipamento tan necesario servirá para empregar no único vehículo do que dispón este servizo de voluntarios, unha Pick up equipada con DESA, osixenoterapia, botiquín de soporte vital básico, collaríns, padiola de pac e extintores entre outros pequenos equipamentos indispensables para unha primeira acción de auxilio.

Vanesa Fernández remarca a necesidade de que a Xunta de Galicia preste atención e servizo a estas agrupacións que colaboran na prestación de axuda en casos de emerxencia dotándoos do material e ferramentas precisas para unha mellor execución das súas tarefas.