A oficina de voluntariado convoca unha xornada de limpeza do río Uma

A oficina municipal de voluntariado Voltea, dependente da concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, convoca a toda a veciñanza a unha xornada de limpeza do río Uma o vindeiro sábado día 24 ás 10:00 horas. 

O punto de encontro será a ponte do Cabalón en Angoares e a organización aconsella levar botas, luvas e moitas ganas de axudar para ter uns ríos limpos.

Todos e todas os que desexen obter maior información e confirmar asistencia deben chamar ao número de teléfono 687 764 516  ou remitirse ao enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal