Ponteocio acolle unha xornada deportiva destinada a recadar fondos para combater o cancro de mama

As actividades terán lugar o vindeiro sábado, 26 de decembro e os fondos recadados irán destinados a Asociación We Can Be Heroes

Q55A0457O Centro de Actividades Ponteocio e a asociación We Can Be Heroes, en colaboración co Concello de Ponteareas, a xornada deportiva e solidaria “Únete á loita contra o cancro de mama”. O acto de presentación contou coa presenza da concelleira de Sanidade, Vanesa Fernández; de Pilar Gallego en representación da asociación e de Pablo Certal representando a Ponteocio.

O evento terá lugar o vindeiro sábado 26 de decembro no centro de actividades Ponteocio e todos os que se acheguen poderán realizar actividades como ioga, pilates terapéutico, zumba ou un circuíto de resistencia e musculación. As actividades desenvolveranse en horario de 11:30 a 12:30 horas pola mañá e de 17:00 a 18:00 horas pola tarde.

Vanesa Fernández “lembrou que o cancro de mama é o tumor máis frecuente entre as mulleres e en España diagnostícanse ao redor de 25.000 novos casos cada ano. Ponteareas xa demostrou ser un concello especialmente solidario na multitudinaria marcha solidaria celebrado o pasado mes de outubro, aproveitando o Día Internacional Contra o Cancro de Mama, organizada pola Asociación We Can Be Heroes en colaboración con esta concellería. É absolutamente primordial que as administracións se impliquen e dende este Concello queremos dar unha mensaxe de esperanza porque é unha doenza que se pode superar se é detectada a tempo”.

A organización aconsella a inscribirse previamente chamando ao número de teléfono habilitado a tal efecto: 601 993 649. Todos os fondos recollidos ao longo da xornada irán destinados á asociación We Can Be Heroes.