Ponteareas rexeita a violencia machista

A Corporación do concello de Ponteareas (BNG, PSOE, PP E ACIP) convocou unha concentración diante da Casa do Concello en repulsa dos feitos acontecidos no día de onte no concello lucense de A Pastoriza, nos que unha muller resultaba vítima mortal por violencia machista. 

Ponteareas amosou a través dun minuto de silencio a súa total condena á violencia machista e a todo tipo de violencias. 

Todas e todos os membros da Corporación fan un chamamento á cidadanía para traballar de xeito conxunto na erradicación da violencia de xénero, denunciando e descubrindo ante as autoridades accións e actitudes impropias nunha sociedade cívica, respectuosa e avanzada.