Semana de audicións do conservatorio municipal de música de Ponteareas

A concelleira de Ensino e tenenta de alcalde, Cristina Fernández, convida á veciñanza a desfrutar da semana das audicións do conservatorio municipal de música que ao longo destes días ofrecerá micro concertos totalmente de balde na sala multiúsos do a auditorio municipal.

Hoxe martes 28 a partir das 17 horaspoderemos escoitar a audición de piano, a partir das 18:30 a de violín e guitarra e a partir das 20 horas a de vento metal.

Mañá mércores 29 a partir das 18:30 horas será a audición de piano e a partir das 20 horas a de coro e orquestra.

O xoves día 30 a partir das 18:30 horas poderemos escoitar a audición de clarinete e frauta e a partir das 20 horas a de saxofón e oboe.

Xa o venres 31 a partir das 17 horas é o turno de violonchelo e viola e a partir das 18:30 horas a de piano, ámbalas dúas na sala multiúsos do auditorio municipal. A partir das 20 horas a de percusión que será no propio auditorio municipal.

A concelleira de Ensino destaca a importancia de que o alumnado poida actuar e amosarnos as súas capacidades e todo o aprendido no primeiro cuadrimestre.