A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Mocidade, xestionada por Verónica Carrera, ofrece a formación que empezará o 6 de xuño.
Este obradoiro está destinado a mozos e mozas con idades entre 16 e 35 anos e, en xeral, para calquera persoa con afán por mellorar a súa capacidade na busca de emprego. Este curso terá lugar na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Municipal da rúa A Perillana 9/11 os días 6, 7 e 14 de xuño, en horario de 18:00 a 21:00 horas.
O obxectivo desta actividade é ensinar determinadas técnicas e pasos útiles no proceso de busca de emprego, dende o coñecemento propio ata a entrevista de traballo, pasando pola confección do currículo. A maiores, trata de aumentar o nivel de motivación dos participantes e transmitir coñecementos útiles e prácticos que axuden aos mozas/os na procura de emprego.
Este taller de técnicas activas de busca de emprego é totalmente gratuíto como habitualmente acontece coas iniciativas que se desenvolven dende a OMIX de Ponteareas. Os interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información sobre esta actividade no teléfono 672 105 468 ou na mesma oficina da OMIX , sita na Biblioteca Municipal.