Ponteareas investirá 253.865€ en formación

O goberno de Ponteareas logra unha subvención da Xunta de Galicia por valor de 253.865, 43€ para pór en marcha un plan de formación que facilitará a inserción e reinserción laboral das persoas traballadoras desempregadas naqueles empregos que máis require o sistema produtivo. 

Esta iniciativa da área de emprego que dirixe o Alcalde Xosé Represas, súmase ás accións de fomento da creación de emprego realizadas nestes anos polo actual goberno de Ponteareas como os obradoiros de emprego ou as axudas destinadas a estabilización de contratos e creación de emprego.

Xerar emprego é unha das prioridades deste goberno que dende a súa entrada traballa na liña da inserción e reinserción laboral, grazas a este esforzo realizado chega agora este importante investimento en formación.

Ponteareas consegue esta subvención tras ter presentado un bo proxecto que pretende completar a formación das persoas traballadoras en situación de desemprego para facilitar a inserción e ser ter un currículum máis competitivo e atrativo para o mercado laboral. 

Estas accións formativas diferenciaránse en distintos niveis de formación e certificados de profesionalidade. Para acceder a elas é necesario posuir o nivel formativo requerido en cada certificado de profesionalidade ou competencia clave e estar inscrito na oficina de emprego como desempregado con anterioridade ao inicio do curso. Os e as interesadas deberán manifestar na oficina de emprego o seu interés en participar no proceso selectivo da especialidade que desexe. 

O concello seleccionará ao alumnado en base á listaxe facilitada pola oficina de emprego de Ponteareas ubicada na rúa dos Carballos, número 10.

Ponteareas ofrecerá ás persoas desempregadas certificados de profesionalidade en mercadotecnia e compravenda internacional con 788 horas, xestión administrativa cunha formación de 708 horas e creación e xestión de microempresas con 538 horas e 

Por outro lado, as accións de formación en competencias de distintos niveis serán a de comunicación en linguas estranxeiras (inglés), galego, castelán e matemáticas.

O Alcalde de Ponteareas salienta a importancia da formación continua ao longo da vida nun mundo cambiante en canto os perfís demandados para ter coñecementos actualizados e demandados polas empresas e insiste na prioridade do fomento do emprego entre os obxectivos deste goberno.