SÉS volve a Ponteareas o 30 de setembro para o peche das festas

O concello de Ponteareas anuncia a actuación o vindeiro día 30 de setembro da cantante galega Sés que volverá visitar a cidade coincidindo co peche das festas para ofrecer un concerto ao aire libre ao terse que trasladar o concerto programado para o pasado sábado día 8 ao auditorio municipal por mor das inclemencias meteorolóxicas.

Atendendo ás demandas da veciñanza e a toda a xente que ese día non puido desfrutar, o concello de Ponteareas volverá traer á cantate Sés para que todos os que non puideron desfrutar da súa actuación o pasado sábado poidan ter unha nova oportunidade de desfrutar das súas letras e da súa potente voz. 

Días antes do concerto o concello informará da hora e do lugar no que se celebrará, sempre de balde.