Ponteareas fixa os festivos locais de 2018 no 4 de xuño e 10 de setembro

Ponteareas manterá como día festivo local o luns de Corpus, 4 de xuño e incorpora cambios no calendario do festivo local do mes de setembro que en 2018 será o luns día 10 con motivo das festas do Remedios, en lugar do 29 de setembro como é habitual pola festividade de San Miguel. Así se acordou o pleno da Corporación Municipal por maioría.
O goberno someteu a consulta das asociacións de comercio e hostalería a data máis idónea por coincidir en sábado o día 29 de setembro en 2018. A opinión maioritaria do sector, manifestada polas asociacións Ponteareas Comercial, Asociación de Hosteleiros e Asociación da Praza de Abastos, agrupadas na Federación de Comercio e Servizos (Banastra) coincidíu na proposta do luns 10 de setembro.