Ponteareas contará con catro novos axentes de policía

O goberno local convocará outras tres prazas durante o ano 2020

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, deron hoxe a benvida aos catro novos axentes de policía que superaron o procedemento de selección e escolleron Ponteareas como destino. Os axentes incorporaranse ao cadro de persoal ao longo do ano 2020 unha vez realicen o seu período de formación na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) así como o período de prácticas que efectuarán durante o verán no propio corpo da Policía Local ponteareán.

O alcalde Xosé Represas salientou que “con estas catro novas incorporacións o Goberno Local dá un novo paso para o reforzamento da plantilla da Policía Local”. Hai varios meses sumouse á plantilla un novo axente e durante este ano prevese iniciar o procedemento de selección doutros tres máis.

Ponteareas conta actualmente con oito axentes activos e seis auxiliares temporais o que obriga a que a plantilla realice servizos extraordinarios para asegurar o mantemento dos tres turnos diarios de traballo. O concelleiro de Mobilidade e Tráfico “Roberto Mera salientou que coa praza xa cuberta, máis estas catro novas incorporacións e as tres prazas a convocar este ano, duplicaremos os efectivos actuais e poderemos mellorar sustancialmente este servizo fundamental”