Fin de semana de bádminton coa Copa Promoción XOGADE

O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, presentou xunto a José Luis Soto, de ADECONPAR, e Víctor Lemos, do Club Bádminton Ponteareas, a 4ª xornada Copa Promoción Bádminton XOGADE que se celebrará este sábado 7 de febreiro en Ponteareas.

Serán oito xornadas deportivas, desarrolladas en diferentes sedes, Vigo, Salceda, Crecente, Marín e Ponteareas.

Esta xornada será o turno das categorías, alevín e cadete con preto de 60 deportistas inscritos que se verán as caras no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino de Ponteareas en horario de 16:00h a 20:30h.

Esta Copa está patrocinada polo Servizo de Deportes Provincial da Xunta de Galicia e coa colaboración de Adecompar, Concello de Ponteareas, Federacion Galega de Bádminton e o Club Bádminton Ponteareas.

Inscricións gratuítas: copa.bad.pontevedra@gmail.com

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, e o concelleiro Miguel Bouzó convidan a toda a cidadanía a desfrutar desta competición aberta ao público que supón unha oportunidade máis de promoción dos e das deportistas de todos os clubs.