O verán cultural enche Ponteareas de música e espectáculos

A programación para todos os públicos da Concellería de Cultura e Lecer, coordinada por Hortensia Bautista, está dirixida a dinamizar as rúas, prazas, parques e o entorno de Ponteareas con concertos, teatro, danza, cinema, camiñadas, visitas guiadas ou cociña.

Xa comezaron as actividades abertas e de balde para todas e todos os ponteareáns. O pasado fin de semana, a mellor música rock escoitouse a mellor música rock, cun éxito de asistencia, no Rock in Río Tea, mais a dinamización da nosa vila na época estival non fica aquí parada.

VERAN 2016 - 2 MESES.

Mañá mesmo, 8 de xullo, o ciclo de proxeccións Cine na rúa chega ás 22.30 horas no parque da Feira Vella con “El nombre del Bambino”, comedia italiana, que trata sobre o devir dunha conversa entre amigos nunha cea, tras a chanza dun deles sobre o nome do seu próximo fillo, a piques de nacer. Non será a única ao longo dos meses de verán xa que tamén se poderán gozar de Kung-Fu Panda 3 e O noso último verán en Escocia nas próximas semanas.

A programación cultural tamén orienta a súa oferta nas máis pequenas e pequenos da casa. Contaremos en Ponteareas coa actuación do circo da rúa a cargo da compañía Asacocirco o venres 15 de xullo ás 20.00 horas na Praza Maior e co humor e o teatro de Peter Punk o venres 19 de agosto ás 20.00 horas na Praza Maior, eventos que contan co apoio da Deputación de Pontevedra.

O 24 de xullo ás 20.00 horas, o parque da Feira Vella acollerá o festival Danzando entre Culturas, que chega a súa segunda edición, organizado pola agrupación folclórica Algazara.

Festival Groba

O festival Groba será o prato forte das actividades estivais do 5 ao 12 de agosto que reunirá unha vez máis aos mellores representantes da música clásica a día de hoxe, sendo xa un referente non só a nivel galego, se non internacional, convertendo a Ponteareas unha vez máis na capital galega da música clásica.