O musical “Os Rockenstein” chega ao auditorio este domingo día 5

A concellería de Cultura e Normalización Lingüística do concello de Ponteareas informa que este domingo día 5 de maio o auditorio municipal acollerá o musical “Os Rockenstein” da compañía Malasombra Produccións ás 19:00 horas.

A concelleira Hortensia Bautista pon a disposición do público o servizo de reserva de entradas no enderezo electrónico auditoriomunicipal@ponteareas.es

O prezo da localidade é de 4 euros pero existe a posibilidade do bono familiar (1 adulto e 2 nenos ou 2 adultos e 1 neno) cun prezo de seis euros.

O horario de apertura da billeteira é: sábado día 4 de 11 a 14 horas e o domingo de 11 a 14 e de 17 a 19 horas.