Adxudicadas as obras para a mellora do último tramo de Cillarga

FOTOGRAFÍA ARQUIVO DO TRAMO CILLARGA DOUS

O goberno de Ponteareas adxudica as obras de mellora do último tramo da estrada de Cillarga por un total de 46.759,53€. Estas obras suporán unha actuación en 840 metros nunha estrada que levaba anos en estado de abandono e que agora acurtará a comunicación cos veciños do barrio de Cillarga. 

Esta obra, que ven a completar as dúas fases anteriores realizadas coa financiación do Plan Concellos e fondos propios e a outra fase co Plan Marco, será financiada con cargo ao plan Concellos e con fondos propios.

Para a concelleira de Vías e Obras e Tenente de Alcalde, Chus Garrote, estas obras eran imprescindibles xa que a estrada estaba prácticamente intransitable obrigando a acceder a Cillarga a través de Ribadetea. 

Unha vez rematada, ademais do acceso por Ribadetea a veciñanza tamén accederá directamente dende Areas. Esta é unha obra moi demandada que, tras anos de falta de mantemento por parte dos gobernos do PP, vía como ano tras ano ían quedando sen esta vía de acceso”, explica a Tenente de Alcalde, Chus Garrote.