O musical da ‘Carapuchiña Vermella’ chega a Ponteareas este domingo

O espectáculo terá lugar o domingo 8 de novembro no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo ás 17:00 horas

As entradas anticipadas xa están á venda na tenda de xoguetes Don Dino, na rúa Paseo Matutino, número 12

CARTEL_mediaUnha adaptación do clásico dos Irmáns Grimm que moderniza a historia e os personaxes do conto, ademais de introducir unha banda sonora orixinal composta por sete cancións. Así é o espectáculo musical “Carapuchiña Vermella” que trae a Ponteareas EducaTeatro Producións

A proposta mestura teatro de actor con manipulación de corpóreos e voz en directo. A parte musical pretende transmitir aos máis pequenos valores como a ecoloxía e a igualdade, ao mesmo tempo que ensina a reciclar ou as profesións.

O elenco está composto por 4 actores que interpretarán os distintos personaxes da obra. A duración da peza é de 50 minutos, e ao final da función, os cativos poderán sacar fotografías con Carapuchiña, a avoa, o leñador e tamén co lobo.

As entradas anticipadas para función que se representará no Auditorio Reveriano Soutullo ás 17:00 horas do domingo, 8 de novembro, xa están á venda na tenda de xoguetes Don Dino, na rúa Paseo Matutino, nº12. De non esgotarse, tamén se poderán mercar o mesmo día a partir das 16:00 horas no Auditorio.