O Goberno de Ponteareas aproba no Pleno modificar o orzamento en 619.735 euros

O goberno local de Ponteareas aprobou no Pleno extraordinario de onte xoves, 15 de xuño ás 19 horas modificar o orzamento para poder levar a cabo actuacións non contempladas no orzamento prorrogado do pasado ano por un importe total 619.735€.
Cos votos en contra do Partido Popular e ACIP e a abstención de Esquerda Unida, o goberno aprobou esta modificación que permitirá dar unha ampla cobertura de servizos aos veciños.
Esta modificación financiase en gran medida con cargo á diversas partidas do cadro de persoal que están vacantes que non é posible cubrir e que non se utilizarán no presente ano.
Máis dun 10% desta partida irá destinado a por en marcha a estratexia “Ponteareas Hábitat Saudable” cunha partida de 66.000€, tamén se destinarán cartos para o PXOM e proxectos de xestión urbanística, 55.000 euros neste caos e para ampliar partidas de distintos departamentos como a formación do persoal, acondicionamento de distintas dependencias,
Ademais, esta modificación é precisa para poder crear novas partidas de subvencións para colectivos sociais e asociacións, para traídas de auga e obras veciñais, para apoiar a labor musical de base nas escolas de música da Banda Xuvenil de Xinzo e da Banda Unión de Guláns, así como para o coro Cantemos. Tamén permitirá subvencionar a colectivos por actividades culturais e festivais ademais da partida para a Federación de Comercio.
Grazas a esta modificación incrementarase a partida para emerxencia social ata sumar os 110.000€.