O Concurso de Karaoke terá lugar o próximo venres 16 na Praza Maior

O evento fora suspendido por causa do fatal accidente ferroviario do pasado venres 9, no que faleceron catro persoas e houbo cincuenta feridos na localidade veciñas do Porriño.

Cartel karaoke NOVA DATAO Concurso de Karaoke realizarase mañá, venres 16 de setembro, a partir das 20.00 horas na Praza Maior. En caso de chuvia, o acto trasladaríase ao Auditorio Municipal.

Previo ao certame, haberá unha breve actuación dun grupo de embarazadas, pertencentes á aula de preparación do parto do Centro de Saúde de Ponteareas cun baile coreografiado.