O Concello recibe unha subvención de 4.800 euros para a integración das persoas vulnerables

O Concello vén de poñer en marcha, grazas a unha subvención de 4.800 euros da Consellería de Política Social e Xuventude no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea-Next Generation, un proxecto que mediante diferentes iniciativas potenciou a integración de veciños e de veciñas que por razón de domicilio, capacidades ou falta de socialización presentan algún tipo de dificultade á hora de participar na vida comunitaria.
“Ponteareas Interxeracional”, que serviu de apoio ao traballo que realizan os servizos sociais e que xurdiu logo da análise da Oficina de Voluntariado, foi recoñecida como o mellor proxecto a nivel galego desde unha Oficina Municipal de Voluntariado e ofreceu axuda á hora de realizar diferentes xestións nas administracións públicas ou acompañamento psicolóxico, entre outras cuestións, ás persoas que o precisaban.