O Concello fixo entrega dos diplomas do Curso de Rap aos participantes

O obradoiro de balde realizouse do 22 de agosto ao 2 de setembro durante as mañás coa colaboración do Concello, organizado pola Deputación de Pontevedra

IMG-20160902-WA0007 (1)

O pasado venres 2 de setembro o alcalde Xosé Represas, a tenente alcalde Chus Garrote, a concelleira de Mocidade, Verónica Carrera, e o deputado provincial Francisco Javier Dios atenderon á entrega de diplomas do taller aos 12 alumnos inscritos. O profesor Hugo Domínguez foi o encargado levar a cabo o curso. “Tratamos a composición de letras, a improvisación, a técnica de beat box e fixemos bocetos de graffiti en folio. Tamén fixemos unha introdución na historia do rap e da cultura hip-hop. Na entrega dos diplomas fixemos entre todas e todos unha pequena demostración”, explicou o profesor.

“Foi unha experiencia satisfactoria para as rapazas e rapaces que participaron. Promoveremos dende o Concello este tipo de actividades, mesmo amplialas a outros aspectos da cultura hip-hop como o breakdance ou o grafitti”, indicou a concelleira de Mocidade, Verónica Carrera, área que colaborou na súa realización.

O rap é o elemento musical da cultura hip-hop, con orixe nos barrios marxinais da cidade de Nova York no fin da década dos setenta, con letras protesta contra o racismo, a desigualdade, a violencia ou o machismo, e que ano tras ano ten máis acollida na vila do Tea como movemento artístico e cultural. Atendendo á demanda e interese por este estilo musical, a Deputación de Pontevedra, dentro do programa DepoRúArte, organizou este curso de rap co obxectivo de iniciar aos interesados na improvisación de v