O Concello de Ponteareas define as categorías das 34 persoas desempregadas que contratará dentro do Plan Concellos 2017

O Goberno local destina 256.000 euros para reforzar diversos servizos municipais

Nos vindeiros días o Concello de Ponteareas presentará na Oficina de Emprego de Ponteareas a oferta para contratar a 34 persoas con cargo á Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Os contratos terán unha duración que oscilará entre os 4 e os 10 meses e comezarán, de maneira gradual.

A selección efectuarase previa presentación da oferta de emprego por parte do Concello no Servizo Público de Emprego, a cal se realizará, asemade, cun mínimo de 10 días de antelación en todos os casos, de xeito que todas as persoas interesadas teñan tempo suficiente de comprobar os seus respectivos códigos na Oficina de Emprego de Ponteareas.

 

Estas persoas deberán, ademais, estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e non poderán ser perceptoras de prestacións ou de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros).

 

As profesións e códigos de ocupación que se solicitarán a partir da presentación da correspondente oferta na Oficina de Emprego de Ponteareas serán:

 

EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO SERVIZOS MUNICIPAIS
CATEGORÍA MESES NÚMERO DE TRABALLADORES SOLICITADOS  

CÓDIGO NACIONAL DE OCUPACIÓN
DESCRICIÓN DO CÓDIGO NACIONAL DE OCUPACIÓN
AUXILIARES DE POLICIA LOCAL 4 4  

 59.23.10.17
 

 Policias ou gardas municipais
TÉCNICO/A DEPORTES(TAFAD) 9 1  

 37.23.10.77
 

 Monitores ou/e animadores deportivos
TÉCNICO SUPERIOR EN XESTIÓN FORESTAL E MEDIO NATURAL 10 1  

 31.43.10.22
 

 Técnicos forestais e/ou Silvicultura
CICLO SUPERIOR PROXECTOS 9 1  

 31.22.10.96
 

 Técnicos en enxeñeria civil, en xeral
AUXILIARES ADMINISTRATIVOS 10 3  

 43.09.10.29
 

 Empregados administrativos, en xeral
AUXILIARES ADMINISTRATIVOS 9 1  

 43.09.10.29
 

 Empregados administrativos, en xeral
AUXILIAR PUERICULTURA 9 1  

 22.52.10.13
 

 Técnicos en educación infantil
TÉCNICO SUPERIOR EN SON PAR AUDIVISUAIS E ESPÉCTACULOS 9 1  

 38.31.11.03
 

 Técnicos en audiovisuais
OFICIAL OFICIOS VARIOS 9 3  

 71.91.10.12
 

 Mantedores de edificios
TÉCNICO/A TURISMO 6 1  

 26.30.10.20
 

 Técnico de información turística
ANIMADOR/A SOCIOCULTURAL 10 1  

 37.24.10.34
 

 Monitor de educación e tempo libre
OFICIAL  II III( ALBANEIS) 7 4  

 71.21.10.15
 

 Albaneis
PEÓNS OBRAS PÚBLICAS 8 2  

 96.02.10.13
 

 Peóns da construción edificios
PEÓNS MEDIO AMBIENTE 7 4  

 95.12.10.19
 

 peón horticultura/xardineria
PEÓNS MEDIO AMBIENTE 6 6  

 95.12.10.19
 

 peón horticultura/xardineria
TOTAL SUBVENCIONABLE   34    

 

Todas as persoas interesadas en participar no proceso de selección “deberán ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións, para a selección daráselles preferencia aos seguintes criterios:

  1. a) As vítimas de violencia de xénero
  2. b) As persoas candidatas maiores de 45 anos
  3. c) As persoas candidatas que formen unha familia monoparental con fillos ao seu cargo
  4. d) As persoas candidatas con niveis de renda máis baixa
  5. e) As persoas candidatas con cargas familiares

O Concello de Ponteareas será quen realice a selección definitiva dos candidatos mediante un proceso que desenvolverá un tribunal formado por empregados públicos.

Con esta medida, o Goberno local pretende reforzar diversos servizos municipais que nuns casos non contan con persoal necesario para atender adecuadamente cada servizo, por mor das xubilacións producidas nos últimos anos, para determinados traballos estacionais como sacar a broza ou cortas, noutros casos ou para cubrir vacacións de persoal.