O Goberno Municipal apoia as mobilizacións da comunidade educativa do IES do Barral para a mellora da seguridade na N-120

Reclaman melloras na seguridade viaria na zona de acceso ao Instituto

Hoxe, día 20, ás 18 horas está convocada pola Plataforma “Polos nosos fillos”, unha manifestación que sairá do Barral (á altura do Rest. O Forno de Leña) até o Concello. Esta decisión é tomada pola comunidade educativa despois de solicitar en numerosas ocasións a Xunta de Galicia e a Fomento a toma de medidas que acaben coa inseguridade viaria e o risco para o alumnado na hora de entrada e saída ao Instituto.

Esta situación agrávase neste curso escolar, creando unha gran alarma social, debido a terse producido varios accidentes de tráfico na zona de acceso ao Centro Educativo.

O Ministerio de Fomento ten constancia desta grave situación, tras a súa comunicación por parte da Concellería de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, á que se lle ten contestado que a zona está debidamente sinalizada.

A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, aclara que “necesitamos iluminación suficiente, pasos de peóns á altura do Instituto, bandas reguladoras de velocidade e a correspondente sinalización, a fin de dar seguridade ao alumnado, ás súas familias e tamén ao profesorado que acude a diario ao IES do Barral”.

O Goberno local de Ponteareas manifesta o apoio a toda a Comunidade Educativa e confirma a súa participación na mobilización do vindeiro luns a fin de conseguir un obxectivo tan razoable como é o de solicitar do Ministerio de Fomento a mellora da seguridade viaria na estrada N-120