O Concello adquire farois para diversas rúas e subministros varios para a Escola Infantil e a Residencia Santa Ana a través dunha subvención da Deputación

O Concello de Ponteareas adquiriu diversos farois para o reforzo lumínico nos Xardíns da Xiralda, as Rúa Feliciano Barrera e Paseo Matutino e a rúa Xoán Trovador de Guillade. Trátase en total de dez conxuntos de columnas e luminarias máis unha luminaria con brazo.

 

A esta inversión en equipamento urbano súmase a adquisición equipamento diversos para cubrir as necesidades máis urxentes en tanto para a Escola Infantil como para a Residencia Santa Ana. Trátase dunha bomba de calor portátil, cortinas, forno eléctrico, lavadora, microondas, carro para a roupa, lámpadas, cama articulada e unha cadeira de brazos.

 

O Orzamento de execución do material ascende a 35.704,45 € e sufrágase a través dunha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra polo que o Concello faise cargo da contía restante de 905,53 €, ao abeiro do Servizo de Cooperación Plan Concellos 2021, Liña 1.