O Concello renova a instalación da cabina de metraxe do Auditorio Municipal Reveriano Soutullo grazas a unha subvención da Deputación

O Concello de Ponteareas executou a renovación das instalacións da cabina de metraxe do Auditorio Municipal Reveriano Soutullo, situado na rúa Doutor Fernández Vega, para a súa modernización e mantemento.

 

A renovación da cabina supuxo a adquisición de cableado, unha computadora, un punto de megafonía así como un centro de control así como a súa instalación para garantir o seu correcto funcionamento.

 

O total da inversión ascende a 18.122,90 € e sufrágase a través dunha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra por valor de 16.970,53 €, polo que o Concello faise cargo da contía restante, 1.152,37 € ao abeiro do Servizo de Cooperación Plan Concellos 2021, Liña 1.