O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA QUE AS PERSOAS INTERESADAS EN DISPOÑER DUN “CHIRINGUITO” NA FREIXA PRESENTEN AS SÚAS SOLICITUDES

O Concello abre o prazo para que aquelas persoas que estean interesadas en dispoñer dun dos catro “chiringuitos” localizados na praia fluvial da Freixa poidan presentar as súas solicitudes. Deberán achegar a documentación necesaria antes do 24 de abril ben no rexistro xeral en horario de mañá ben nas oficinas de Correos.

 

Deste xeito, a zona recreativa A Freixa contará de novo con servizo de restauración grazas a estes catro espazos. Cada un deles contan con algo máis de 120 metros cadrados distribuídos en terrazas. Ademais, as edificacións contan con subministro eléctrico, auga e o correspondente saneamento.

 

As persoas, físicas ou xurídicas, deberán aportar unha taxa anual de 507,50 euros mentres que, no caso de que o servizo funcione só durante o período estival, será de 304,5 euros. O tempo de concesión ascende ata os catro anos con posibilidade de prórroga.

 

Pola súa banda, unha das condicións que recollen as bases, publicadas e dispoñibles na web municipal, é que durante os meses de xuño a setembro o horario de atención ao público sexa tanto de mañá como de tarde ata, como mínimo, as 21:00 horas. Tamén durante as fins de semana.

 

Co obxectivo de facilitar o acceso a información, a administración local programa unha serie de visitas in situ para que as persoas interesadas poidan coñecer de primeira man os espazos destinados ao servizo. Serán os días 15 e 16 de abril desde as 10:00 horas ata as 12:00 horas.

 

A edil de Medio Ambiente, Silvia Fernández, indica que “estes espazos, nos que se ofrecerá o servizo de cafetería e restauración, contribuirán a potenciar a nosa praia fluvial como un referente de esparexemento no noso municipio e para as persoas que nos visitan”. Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro apunta que “as familias poderán desfrutar dunha xornada de lecer na nosa praia fluvial, unindo actividades deportivas, de baño ou de relax xunto coa gastronomía e restauración”.

 

Podes consultar aquí as bases:

 

20240409_Outros_Publicación do anuncio de licitación dos chiringuitos A Freixa no BOP

20240327_Outros_PCAP CHIRINGUITOS DE A FREIXA 2024 (1)20240410_Outros_Chiringuitos A Freixa (anexo II) 20240410_Outros_Chiringuitos A Freixa (anexo III) 2 20240410_Outros_Chiringuitos A Freixa (anexo IV

20240410_Outros_Chiringuitos A Freixa (anexo IV