O Centro Cultural de Celeiros organiza a primeira edición do festival Carballeira Rock o vindeiro sábado 6 de agosto

A carballeira de Celeiros acollerá a partir das 23.00 horas os concertos dos grupos locais de rock RDG, Treboada e Max Power

Celeiros acollerá por primeira vez o festival Carballeira Rock, organizado polo Centro Cultural de Celeiros, no que participan moita xente moza da parroquia, coa colaboración da Concellería de Cultura e Lecer, xestionada por Hortensia Bautista, mesmo integrantes dos grupos que se subirán ao escenario na noite do sábado, a partir das 23.00 horas.

Q55A2924

As bandas de rock participantes deste evento son RDG, de Guláns, con versións e cancións propias, Treboada, cuxos membros son da propia parroquia e ofrecen rock galego, e Max Power, banda de versións de rock clásico de Ponteareas.

“Estamos sempre en disposición de apoiar iniciativas como o Carballeira Rock, no que se implica unha parroquia enteira, e no que traballa xente moza para promover a cultura e o lecer, e neste caso, a música rock. Unha das nosas prioridades é incentivar a participacións das máis novas e novos na cultura”, sinalou a concelleira Hortensia Bautista.