Marcha Ciclista Solidaria, o domingo 17 de maio

alvaro-pino-marcha-solidariaCon motivo da celebración da Clásica Álvaro Pino este pasado sábado, o Concello de Ponteareas aproveitou para presentar a Marcha Ciclista Popular e Solidaria en presenza do propio Álvaro Pino e de Marino Lejarreta.

A carreira, organizada polo Clube Ciclista Ponteareas e pola Concellería de Deportes do municipio,  terá lugar o domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, e a saída da mesma se producirá na Praza Maior de Ponteareas ás 10:30 horas.

Cada participante deberá aportar 1 quilogramo de alimentos antes de tomar a saída cara Mondariz Balneario, onde se realizará un pequeno descanso e avituallamento de auga e rosquillas. Durante o percorrido haberá varias paradas de reagrupamento e descanso.CARTEL FINAL MARCHA SOLIDARIA

Os ciclistas deberán ser maiores de 8 anos e utilizar casco. A organización ten previsto o sorteo de varias bicicletas, ademais doutros regalos.