Mais do 60% do espazo libre de Ponteareas está reservado ao coche

Segundo o estudo de mobilidade que está a realizar a Deputación para o Concello.

O venres 31 realizarase unha xornada de información e participación cidadá no salón de plenos do Concello

O equipo redactor do Estudo de Mobilidade vai celebrar un acto ao longo de todo o venres 31 para facer públicos os primeiros datos sobre o uso do espazo libre no centro urbano de Ponteareas. Na xornada entrevistarase a representantes de asociacións e colectivos da vila estando abertas as portas a toda a veciñanza.

De dito traballo, desprendese que mentres case o 61%  do espazo libre do casco urbano de Ponteareas está reservado para o automóbil (ao seu tránsito e estacionamento),  un 22%  está ocupado por beirarruas e o 17% restante  composto por espazos de estancia (parques e prazas).

Segundo o padrón municipal, en Ponteareas hai aproximadamente un coche por cada dúas persoas, o que supón que no centro da vila habería aproximadamente uns 3.200 coches de residentes, existindo 2.800 prazas de aparcadoiro en edificios e máis de 1.200 nas rúas (ademáis doutras case 700 prazas en aparcadoiros temporais). Neste mesma área central ubicanse tamén máis de 150 locais comerciais e de alimentación.

O estudo, encargado dende o Servizo de Mobilidade da Deputación de Pontevedra que dirixe Uxio Benitez, tamén revela que o 80% das beirarrúas non son accesibles, a maioria por non cumprir co ancho mínimo de circulación peonil e outras pola súa excesiva pendiente.

Na análise previa destacase a potencialidade do nucleo urbano da vila xa que a densidade poboacional de Ponterareas supón que os aproximadamente 6.000 veciños que viven no centro poidan percorrer todo o area central en menos de dez minutos.

O estudo de mobilidade está a ser realizado polo Estudio MMASA, redactores do proxecto ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’ que foi seleccionada na primeira convocatoria dos fondos FEDER realizada polo Ministerio de Facenda. Dese xeito, o Estudio de Mobilidade aliñase coa Estratexia de Desenvolvemente Urbano Sostible e Integrado na que Ponteareas vai recibir 5 millons de euros para investir, entre outras, na mellora da Mobilidade Sostible.

O Concello habilitou o enderezo de correo electrónico mobilidade@ponteareas.gal para que a veciñanza que non poida asistir faga chegar os seus comentarios.