A ilustradora Noemí López ensinoulle aos nenos de Ponteareas a crear contos

Contos con imaxesA ilustradora de libros Noemí López achegouse ata Ponteareas para descubrir os segredos de ilustrar libros. Os nenos e nenas de Ponteareas gozaron desta actividade e puideron coñecer de primeira man cómo facer para crear un conto con imaxes.

Estas actividades encádranse dentro das levadas a cabo durante o Mes de Maio, Mes das Letras, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal e dentro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.