Inicio do Curso de Monitor de Ocio e Tempo Libre en Ponteareas

foto cursillo foto cursillo1O concelleiro de Xuventude do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, asistiu hoxe a presentación do Curso de Monitor de Ocio e Tempo Libre, que se levará a cabo durante o mes de maio e xullo na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas.

Segundo palabras do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, este curso é unha acción formativa moi interesante e que, considera, pode ter unha boa saída profesional en diferentes eidos.

Este curso ten o recoñecemento da titulación oficial da Xunta de Galicia e constará dun total de 350 horas lectivas, das cales, 200 horas serán teóricas e as  150 restantes, prácticas. Aquelas persoas que necesiten máis información sobre o curso, poden dirixirse á Biblioteca Pública Municipal, onde recibirán información detallada sobre o citado curso.

As clases impartiranse entre os días 26 de maio e 10 de xullo, de luns a venres, en horario das 08:30 a 14:30 horas.