II Certame, Mostra e Exposición da Camelia de Ribadetea

Q55A1650A pasada fin de semana, días 5 e 6 de abril,  tivo lugar no Centro Cultural de Ribadetea, o II Certame, Mostra e Exposición da Camelia de Ribadetea, organizada pola Asociación de Amigos da Camelia.

Este evento contou coa presenza do alcalde de Ponteareas, Salvador  González Solla, acompañado do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, para apoiar este tipo de iniciativas que se dan nas diferentes parroquias de Ponteareas.

Salvador González inaugurou a exposición e eloxiou  o labor desta asociación por pór en marcha por segundo ano esta iniciativa e agradeceulle, así mesmo, á Deputación Provincial de Pontevedra a súa colaboración para poder levar a cabo esta exposición floral, así como á  Estación Fitopatolóxica do Areeiro pola doazón de plantas de camelias para cada un dos expositores participantes neste certame. Así mesmo, todos os participantes na mostra recibiron de mans do alcalde o diploma acreditativo da súa participación neste certame, no que participaron vinta e cinco expositores que amosaron gran variedade de camelias, tanto de Ponteareas coma de concellos limítrofes.