Fomento do emprego en Ponteareas

_55A1432O Concello de Ponteareas está preparando  a presentación perante o Servizo Público de Emprego das ofertas correspondentes para a  contratación de traballadores o amparo do Segundo  Plan Provincial de Emprego da Deputación Provincial, neste ano.

Para este segundo plan está previsto a contratación laboral de dezasete traballadores, para a prestación de determinados servizos ou executar obras esenciais para a comunidade, nas categorías de peóns en xeral e peóns de vías e obras.

O alcalde Salvador González destaca a importancia deste novo proxecto dado que “se enmarca nunha nova acción de fomento do emprego por parte do  concello, que servirá para a realización de traballos e a prestación de servizos de interese xeral ou social”

Pola súa banda  a Concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local, Marisol Valado, subliñou a importancia deste segundo plan, “que non só dará continuidade aos servizos iniciados polo concello cos traballadores do primeiro plan,  senón que fomentará a empregabilidade, obxectivo prioritario desta concellería”.

O perfil dos traballadores que sexan contratados será: desempregados maiores de trinta anos, preferentemente non perceptores de prestacións, ou perceptores de prestación sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos (RISGA), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE) como demandantes de emprego, non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego no momento da selección e da firma do contrato.

Unha vez recibidos os listados de candidatos  do SEPE, farase a súa valoración según os  criterios que estarán a disposición dos interesados na páxina web do concello, nos taboleiros do Centro de De Desenvolvemento Local, así como no seu facebook.

Todas aquelas persoas que participen nos procesos selectivos abertos a raíz da presentación das ofertas no SEPE e non acaden unha contratación, terán a súa disposición o servizo de orientación do Centro de Desenvolvemento Local (986661050) para asesorarlles e axudarlles a articular a busca de traballo nas mellores condicións posibles de forma personalizada, ofrecéndolle todo tipo de información sobre posibilidades de emprego.