Éxito de convocatoria do curso básico de primeiros auxilios

Ante o éxito de participación do curso básico de primeiros auxilios que se imparte durante catro días no auditorio municipal totalmente de balde, a concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó organizará unha nova edición para dar resposta á alta demanda suscitada nesta convocatoria.

Vinte horas teórica prácticas que capacitarán ao alumnado para intervir correctamente nunha situación de urxencia.

Autoprotección, reanimación, traumatismos, aspectos xerais do socorrismo e tratamento de feridas e contusións, entre outros aspectos que se imparte Cruz Vermella neste curso básico de primeiros auxilios.