O pavillón Álvaro Pino acolle o partido amizoso de balonmán entre o Club Balonmán Porriño e a selección da República Dominicana

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, convida a toda a cidadanía a desfrutar do balonmán co partido amizoso entre o Club Balonmán Porriño e a selección da República Dominicana que se desputará mañá xoves día 11 ás 20:30 horas no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino.