Esta tarde música coral polas rúas de Ponteareas

O 30º curso de verán de dirección,canto e orquestra amosa o seu traballo fóra do ámbito máis clásico levando ás prazas e rúas do centro urbano pezas de música popular ou tradicional para todas as idades. O percorrido comeza nos xardíns do concello ás 23 horas para trasladarse ata a Praza Maior logo de ir facendo polo camiño pequenas etapas.