O goberno local remítese aos informes xurídicos emitidos polos funcionarios municipais para levar a pleno a aprobación do PXOM

O goberno municipal de Ponteareas lamenta o erro da portavoz do PP, Belén Villar” ao denunciar unha suposta “grave irregularidade” na tramitación do PXOM argumentando que a aprobación das alegacións veciñais en 2016 debe ser agora revisado de oficio.

O goberno aclara que hai que distinguir un acto de trámite dun acto que pon fin á vía administrativa e exlica que as alegacións aprobadas en 2016 son un acto de trámite que non é recurríbel nin revisábel de oficio. O goberno recomenda á portavoz popular que se guíe polos informes xurídicos emitidos polos funcionarios municipais licenciados en Dereito. Ademais o goberno aclara que o expediente conta con todos os informes incluido o da Confederación Hidrográfica.

O PP primeiro impedíu a aprobación cando dependía deles e agora que temos maioría suficiente queren impedilo con falsos motivos legais pondo os seus intereses partidistas por diante dos intereses de Ponteareas”.