Esta fin de semana desfruta do tenis nas pistas da Freixa dos mellores tenistas de España

Sara Bertolez, Rodrigo Pérez e David Noé Fidalgo son os campións do X Vila Do Corpus Promesas. Na tarde do pasado domingo nas pistas da Freixa desputáronse as finais do X Vila do Corpus Promesas con partidos de grande nivel. En cadete feminino Sara Bertolez do Náutico de Vigo vencía na final a Claudia Sanjuán de C.T. Gondomar, en cadete masculino Rodrigo Pérez impúñase a Izan Díaz , os dous do Ureca e en infantil masculino David Noé Fidalgo do Náutico de Vigo vencía a Manuel Moreira do Codesal.

Na entrega de trofeos estivo presente a concelleira de deportes do Concello de Ponteareas , Nahir Covelo e o Alcalde Xosé Represas que destacan o intenso traballo realizado polo Club Tenis Ponteareas.

O torneo continúa durante esta semana cos cadros de veteráns e a previa do Absoluto masculino donde 4 xogadores loitan por pasar ao cadro final donde cabe destacar a presenza de 7 xogadores entre os 100 mellores da clasificación estatal. O madrileño Ricardo Villacorta ,46 estatal, actual número 1 do circuíto estatal IBP Tenis Series; Roberto Menéndez , asturián, 63 estatal, gañador de 120 torneos estatais, 3 veces campión do mundo +35 e 1 en +40 chegando a ser o 250 do rankig ATP; o vallisoletán Jorge Hernando 67 estatal e o actual número 1 galego, Tomás Currás, co ránking 71 estatal. Completan a lista de raquetas destacadas , o manchego Yahir Alcolea, o vasco Mikel Martínez e os galegos Iago Salvador Pita, Simón Arca, Martín Millos e Antón de la Puente.

Para a tarde de mañá venres 28 está prevista a desputa dos octavos masculino e o sábado de mañá os cuartos masculino e feminino. As semifinais serán o sábado a partir das 17.00 h. e as finais o domingo 30, ás 10:30 a feminina e veteráns, e a masculina ás 12.00. Desde o Club Tenis Ponteareas convidan a todos e todas a que se pasen polas pistas da Freixa a desfrutar destes excelentes cadros finais do Open Vila Do Corpus.